Entradas

Tiara viaxa polo mundo

Imagen
 Esta mañá, en todas as clases recibimos unha carta moi especial. Era de Tiara, a mascota da nosa Biblioteca! Nela, invitábanos a axudala a viaxar polo mundo. Así que, cada clase traballará durante todo o curso nun proxecto para axudala a viaxar a cadanseu país. Iremos informándovos das súas aventuras!

Cita a cegas no Día do Libro

Imagen
  Desde hai varios días, non paraban de aparecer misteriosos paquetiños na Biblioteca. Hoxe, por fin, soubemos por que! Era unha sorpresa para celebrar o Día do Libro! Cada un recibiu un paquetiño, e ese será o seu libro-sorpresa para ler esta semana.

Rosalía hoxe en día

Imagen
  Hoxe, Rosalía está máis presente ca nunca no noso colexio para conmemorar o seu día. Faremos un recital e moitas máis actividades. Pero... como sería Rosalía hoxe en día? Así a imaxinan os nenos e nenas. Abride este libro se queredes ver máis fotos.

Os favoritos

   Levamos xa varios meses de andaina desde de que reinauguramos a Biblioteca con moitos libros novos, gran parte deles elixidos polos propios nen@s, que deixaron as súas suxerencias de compra nunha caixa de correo posta na Biblioteca para tal fin. Coleccións como as de Isadora Moon, Diario de Greg, Los compas, Futbolísimos, Mortiña... e moreas de contos enchen os nosos andeis desde este curso.     E agora que xa pasou un tempo, xa sabemos cales foron os libros máis demandados polo alumnado. Se tedes curiosidade, aqui está a lista dos 20 libros máis emprestados no que vai de curso ata hoxe:      1.- Paco Trolas.       2.- Cocorico.      3.- Los dinosaurios.      4.- El diario de Greg. Vieja escuela.       5.- El muñeco de nieve feliz.      6.- Ra de tres ollos.      7.- Daniela Pirata e a bruxa Sofronista.      8.- Paxaro amarelo.     ...

Amor pola lectura

Imagen
No Mato sentimos tanto amor pola lectura que queremos que se note xa desde a porta. Así de bonita a decoraron os nen@s de 6º. Feliz día do amor e a amizade!     

Nadal na Biblio

Imagen
  Que mellor que adicar parte das vacacións de Nadal a ler? Acaban de chegar novas coleccións á Biblioteca do cole. Só tedes que entrar e curiosear polos andeis para descubrilas. E, como non podía faltar unha árbore de Nadal nestas datas, pedimos que nada nen@ fixese a portada do seu libro favorito para decorar a árbore. Que bonita quedou, non vos parece?

Samaín na Biblioteca

Imagen
 Se pasades pola Biblioteca esta semana, ademáis de levarvos algunha sorpresiña na decoración, poderedes ler estas historias tan divertidas sobre bruxas, pantasmas, monstros, vampiras e outros personaxes propios do Samaín. No seguinte vídeo poderás ver algúns dos libros que hai. Cal che apetece ler? Presentación libros Biblioteca de Samaín

Día das Bibliotecas - Reinauguración

Imagen
  Despois de varios meses de reformas, por fin reinauguramos a Biblioteca do noso cole coincidindo coa conmemoración do "Día das Bibliotecas".  Ademáis de distribuir o espazo e os libros de maneira máis cómoda para os nenos, convocouse un concurso para elixir á nova mascota da Biblioteca. A mascota gañadora foi "Tiara", deseñada por Martina García-Leira Currás. Velaquí o seu traballo e a entrega do premio realizada por Esther, nova coordinadora da Biblio. E si o primeiro requisito para disfrutar da Biblioteca é ter moitas ganas de vivir aventuras a través da lectura, o segundo é ter o carné da biblio. Por iso, como agasallo polo "Día das Bibliotecas", entregouse hoxe a todos os nen@s do cole e ao profesorado cadanseu carné. A partir de hoxe, xa podedes coller cantos libros desexedes! Pero isto só acaba de comezar! Estade atentos neste blogue ás novidades literarias e algunha sorpresiña máis que temos preparada para celebrar o Samaín na Biblioteca!

Día de Rosalía

Imagen
 Prometimos que seguiriamos con Rosalía de Castro, porque esta muller da moito de si, e aquí tedes o noso traballo para homenaxeala.

Sempre Rosalía

Imagen
    O vindeiro mércores conmemoraremos o Día de Rosalía e faremos diversas actividades durante toda a semana. Para irnos ambientado, Iván Vale acaba de compoñer esta canción para homenaxeala e coñecer a súa vida, e tamén a súa influencia na nosa. Sempre Rosalía!

Día da muller e a nena na ciencia

Imagen
  Hoxe conmemórase o Día da muller e a nena na Ciencia. Algunha vez pensastes na cantidade de cousas que nos facilitan a vida? Sabiades que moitísimas delas (máis das que imaxinades) se deben a descubrimentos feitos por mulleres científicas? Na Biblioteca do cole temos este estupendo libro, "Las chicas son de ciencias", que conta dunha maneira moi entretida os descubrimentos de 25 mulleres que cambiaron o mundo. E quen sabe se algunha nena do Mato Vizoso aparecerá en edicións posteriores... 

Benvid@s á nova Biblioteca

Imagen
    Este ano estamos renovando completamente a Biblioteca do noso cole. Cando rematemos, atoparedes un lugar onde deixar voar a vosa imaxinación, mergullarse en emocionantes aventuras, descubrir cousas novas e moito máis...  Mentres tanto, podedes recordar neste blogue algunhas das actividades que se levaron a cabo en cursos pasados.

Aprendendo a rimar

Imagen
 

Día das Bibliotecas

Imagen
 

Día do libro: Cocorico

Imagen
 

As nenas voan alto

Imagen
 

Coñecendo a Rosalía de Castro

Imagen
 

Non fai falta a voz

Imagen
 

Obradoiros de poesía

Imagen
 

Coñecendo a Don Quijote

Imagen