Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2025
Imagen
Esta semana achégate a ler o teu conto terrorífico. O alumnado de Apoio da Biblioteca fixo un estupendo traballo preparando un ambiente e unhas lecturas de medo!!!

SAMAÍN NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Imagen
👻 *O SAMAÍN CHEGA Á BIBLIO DE VILALBA!* 🕛 O vindeiro xoves, 30 de outubro, a procesión de almas "Alba da Gloria" de Castelao pasará ás 12:00 pola biblio 🔎 Ademais, alguén secuestrou a Olliño e precisan a túa axuda para atopalo! 🗓️ Tamén o xoves, 30 de outubro, organizarán dúas quendas, a primeira ás 🕟 16:30 e a segunda ás 🕕 18:00, para resolver a incógnita. 🎃 Vai co teu disfraz de Samaín e lembra que se trata dunha actividade familiar na que é imprescindible o acompañamento dun adulto. ‼️ A actividade está recomendada para crianzas nadas en 2019 ou anteriores, pois combina diversión e terror e pode resultar desagradable para crianzas de menor idade. ➡️ Non esquezas inscribirte porque as prazas son limitadas: https://forms.gle/QG8STNcoyrut1NVX9

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Imagen
Hoxe día 24 de outubro no Mato Vizoso conmemoramos o Día das Bibliotecas convertindo a nosa Biblioteca nun Cine. Empregando unha Tiaramoeda sacamos as nosas entradas para as diferentes sesión. Comezamos a sesión co visionado do corto Puidemos desfrutar dalgunha película relacionada cos libros.
Imagen
ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL    Este mércores, 22 de outubro, celebrarase na Biblioteca Municipal , por adiantado, o Día da Biblioteca. Farase co espectáculo "Seres mitolóxicos do reino de Galicia", da man de Sole Felloza e Leandro Lamas, para público adulto e crianzas a partir de 4 anos. Inscricións abertas en:  https://forms.gle/ H2hjCoSTSUNcKun49

CURSO 2025-2026 O MUSEO DE TIARA

Imagen
  No Mato Vizoso da comezo un novo Proxecto!!!