Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

ACTIVIDADES MARZO 2026

Imagen
Remata un mes moi completo na biblioteca de Tiara. Marzo deu comezo co Reto Lector onde se seleccionaron libros de autoría feminina. Tamén con motivo do 8M tivemos a oportunidade de desfrutar daquelas obras que poñían en valor a igualdade e a figura da muller, axeitandonos a todos os niveis do centro. O 21 de marzo conmemoramos o DÍA DA POESÍA achegándonos a distintos libros de poesía infantil, que na nova distribución da biblioteca ocupan un lugar destacado. Rematamos o 24 de marzo co DÍA DO TEATRO, cunha excelente selección para dramatizar en distintos formatos.

8M DÍA DA MULLER

Imagen
Onte conmemorouse o Día Internacional da Muller,dende o CEIP Manuel Mato Vizoso enfocouse dende diferentes puntos de vista. Todo o alumnado coñeceu a obra e biografía de diferentes artistas galegas,seguindo o traballo do PDI deste ano. Na biblioteca o Reto Lector seleccionou para este mes libros de autoría feminina e tamén se fixo unha selección de libros imprescindibles para traballar a temática feminista.