Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

EXPOSICIÓN MICROREDE DA TERRA CHÁ

Imagen
O luns 18 no Castro de Viladonga, realizouse a inauguración do traballo da Microrrede da Terra Chá deste curso,da que formamos parte. Este ano o noso cole participa na exposición Do ser e dos faceres chairegos, organizada pola Microrrede de Bibliotecas da Terra Chá, da que formamos parte. O noso alumnado colaborou na poñendo en valor a figura dunha muller senlleira de Vilalba: Concha da Reina, primeira comadroa de Vilalba. A exposición poderá visitarse no Museo do Castro de Viladonga do 18 de maio ao 5 de xuño, no horario habitual do museo. Animámosvos a achegarvos para desfrutar coñecer de preto o interesante traballo realizado polos coles da contorna!!

ACTUACIÓN TRINKE TRINKE

Imagen
Continuando coa animación á lectura, este martes 19 de maio, o alumnado de 2º e 3º puido disfrutar da actuación de Trinke Trinke teatro!! Que ben o pasaron!!! Tedes todas a fotos na páxina do cole.

LETRAS GALEGAS 2026.BEGOÑA CAAMAÑO

Imagen
Este ano as nosas letras homenaxean a figura da xornalista e escritora Begoña Caamaño. Unha muller rexa, fortemente comprometida.

MES DO LIBRO ABRIL 2026

Imagen
A nosa Biblioteca acolleu durante o mes de abril diferentes actividades que xiraron en torno ao libro: Contacontos e Obradoiro Nariz Vermello Coa colaboración do especialista en E.F. o alumnado de 5º e 6º realizou unha orientación para coñecer a nova estructuración da nosa Biblioteca e a distribución según a CDU Nas aulas realizaronse diferentes marcalibros e tamén agasallos para o apadriñamento lector. , Por primeira vez e aproveitando o expurgo realizouse a I Feira do Libro Usado para toda comunidade educativa, onde os nenos e nenas puideron darlle un novo fogar aos libros que escolleron e en horario de tarde foron as familias os que seleccionaron as súas lecturas. Como ven sendo tradicional os máis maiores fixeron o tradicional apadriñamento lector, lendo `con ilusión para os pequenos e pequenas do cole. PODEDES VER TODAS AS FOTOS NA PÁXINA WEB DO COLE