Día da muller e a nena na ciencia

 

Hoxe conmemórase o Día da muller e a nena na Ciencia. Algunha vez pensastes na cantidade de cousas que nos facilitan a vida? Sabiades que moitísimas delas (máis das que imaxinades) se deben a descubrimentos feitos por mulleres científicas? Na Biblioteca do cole temos este estupendo libro, "Las chicas son de ciencias", que conta dunha maneira moi entretida os descubrimentos de 25 mulleres que cambiaron o mundo. E quen sabe se algunha nena do Mato Vizoso aparecerá en edicións posteriores...