Entradas

BO VERÁN!!!

Imagen
Non podiamos despedir o curso sin desexarvos un verán cheo de aventuras e por suposto libros! Deixámosvos tamén por aquí as nosas recomendacións lectoras.

LeConnós

Imagen
📚🌿 LeConnós!!Ven cando queiras, marcha cando o precises🌿📚 A Biblioteca Municipal de Vilalba e as Bibliotecas dos Centros Escolares convídanvos a participar nunha quedada de lectura ao aire libre. 📅 9 de xuño 🕕 18:00 h 📍 Parque Rosalía de Castro 🎶 Música en directo a cargo do alumnado do Conservatorio de Vilalba 🎁 Libros de agasallo! 👨‍👩‍👧‍👦 Actividade para todos os públicos ✨ Un tempo para compartir lectura e compaña.

EXPOSICIÓN MICROREDE DA TERRA CHÁ

Imagen
O luns 18 no Castro de Viladonga, realizouse a inauguración do traballo da Microrrede da Terra Chá deste curso,da que formamos parte. Este ano o noso cole participa na exposición Do ser e dos faceres chairegos, organizada pola Microrrede de Bibliotecas da Terra Chá, da que formamos parte. O noso alumnado colaborou na poñendo en valor a figura dunha muller senlleira de Vilalba: Concha da Reina, primeira comadroa de Vilalba. A exposición poderá visitarse no Museo do Castro de Viladonga do 18 de maio ao 5 de xuño, no horario habitual do museo. Animámosvos a achegarvos para desfrutar coñecer de preto o interesante traballo realizado polos coles da contorna!!

ACTUACIÓN TRINKE TRINKE

Imagen
Continuando coa animación á lectura, este martes 19 de maio, o alumnado de 2º e 3º puido disfrutar da actuación de Trinke Trinke teatro!! Que ben o pasaron!!! Tedes todas a fotos na páxina do cole.

LETRAS GALEGAS 2026.BEGOÑA CAAMAÑO

Imagen
Este ano as nosas letras homenaxean a figura da xornalista e escritora Begoña Caamaño. Unha muller rexa, fortemente comprometida.

MES DO LIBRO ABRIL 2026

Imagen
A nosa Biblioteca acolleu durante o mes de abril diferentes actividades que xiraron en torno ao libro: Contacontos e Obradoiro Nariz Vermello Coa colaboración do especialista en E.F. o alumnado de 5º e 6º realizou unha orientación para coñecer a nova estructuración da nosa Biblioteca e a distribución según a CDU Nas aulas realizaronse diferentes marcalibros e tamén agasallos para o apadriñamento lector. , Por primeira vez e aproveitando o expurgo realizouse a I Feira do Libro Usado para toda comunidade educativa, onde os nenos e nenas puideron darlle un novo fogar aos libros que escolleron e en horario de tarde foron as familias os que seleccionaron as súas lecturas. Como ven sendo tradicional os máis maiores fixeron o tradicional apadriñamento lector, lendo `con ilusión para os pequenos e pequenas do cole. PODEDES VER TODAS AS FOTOS NA PÁXINA WEB DO COLE

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL 2026

Imagen
Este curso ,ao coindicir coas avaliacións diagnósticas, as celebracións da Semana do Libro, tiveron que reaxendarse e realizaranse ao longo de todo o mes de abril e parte de maio. Seguide atentos para descubrir todo o que se está a facer contando cos nosos amigos os libros. Deixamosvos tamén aquí a postal descargable que esta ano publicaron en BEGA cun fermoso texto de Eva Mejuto. https://bibliotecas.edu.xunta.gal/sites/default/files/contido/novas/documentos/POSTAL_v2%20%281%29.pdf

MES DO LIBRO. ABRIL 2026

Imagen

Polavila DoCampo. Actividade na Biblioteca Municipal de Vilalba

Imagen
Dentro das múltiples actividades de homenaxe ao escritor Xabier P. Docampo, a Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz convida a unha Contada Infantil. Achegádevos!!!

ACTIVIDADES MARZO 2026

Imagen
Remata un mes moi completo na biblioteca de Tiara. Marzo deu comezo co Reto Lector onde se seleccionaron libros de autoría feminina. Tamén con motivo do 8M tivemos a oportunidade de desfrutar daquelas obras que poñían en valor a igualdade e a figura da muller, axeitandonos a todos os niveis do centro. O 21 de marzo conmemoramos o DÍA DA POESÍA achegándonos a distintos libros de poesía infantil, que na nova distribución da biblioteca ocupan un lugar destacado. Rematamos o 24 de marzo co DÍA DO TEATRO, cunha excelente selección para dramatizar en distintos formatos.

8M DÍA DA MULLER

Imagen
Onte conmemorouse o Día Internacional da Muller,dende o CEIP Manuel Mato Vizoso enfocouse dende diferentes puntos de vista. Todo o alumnado coñeceu a obra e biografía de diferentes artistas galegas,seguindo o traballo do PDI deste ano. Na biblioteca o Reto Lector seleccionou para este mes libros de autoría feminina e tamén se fixo unha selección de libros imprescindibles para traballar a temática feminista.

DÍA DE ROSALÍA

Imagen
O luns 23 de febreiro ás 18:00,na Biblioteca Municipal celebrarase o Día de Rosalía de Castro co espectáculo de narración oral e monicreques “Novos Lobos”, de Fantoches Baj. Animámosvos a participar!!! 👧🧒 Público familiar (recomendado a partir de 3 anos). 🎟 Inscrición previa aquí: 👉 https://forms.gle/f8T2XwiTggK3epq1A
Imagen
Aos poucos a nosa Biblioteca vaise poñendo en marcha de novo e este mes faino da man do RETO LECTOR. En colaboración coa Biblioteca Municipal participamos nesta iniciativa. O alumnado de 5º e 6º xa ten listas as súas cartillas para comezar a disfrutar de novos libros.

BIBLIOTECA EN OBRAS

Imagen

25 N- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
Se se educa en igualdade, vivirase en igualdade. A literatura pode aportar modelos positivos de coeducación e oportunidades para reflexionar, por iso na biblioteca escolar e grazas á inestimable axuda do equipo de apoio formado polo alumnado, xa tendes dispoñible unha selección de recomendacións literarias para o 25N.

BIBLIOTECA DIXITAL ELBE2

Imagen
Aquí queda unha sinxela presentación do funcionamento de ELBE2 Abre o seguinte enlace: https://view.genially.com/690b7ae376da5be0872ff715/interactive-content-video-e-lbe2
Imagen
Esta semana achégate a ler o teu conto terrorífico. O alumnado de Apoio da Biblioteca fixo un estupendo traballo preparando un ambiente e unhas lecturas de medo!!!

SAMAÍN NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Imagen
👻 *O SAMAÍN CHEGA Á BIBLIO DE VILALBA!* 🕛 O vindeiro xoves, 30 de outubro, a procesión de almas "Alba da Gloria" de Castelao pasará ás 12:00 pola biblio 🔎 Ademais, alguén secuestrou a Olliño e precisan a túa axuda para atopalo! 🗓️ Tamén o xoves, 30 de outubro, organizarán dúas quendas, a primeira ás 🕟 16:30 e a segunda ás 🕕 18:00, para resolver a incógnita. 🎃 Vai co teu disfraz de Samaín e lembra que se trata dunha actividade familiar na que é imprescindible o acompañamento dun adulto. ‼️ A actividade está recomendada para crianzas nadas en 2019 ou anteriores, pois combina diversión e terror e pode resultar desagradable para crianzas de menor idade. ➡️ Non esquezas inscribirte porque as prazas son limitadas: https://forms.gle/QG8STNcoyrut1NVX9

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Imagen
Hoxe día 24 de outubro no Mato Vizoso conmemoramos o Día das Bibliotecas convertindo a nosa Biblioteca nun Cine. Empregando unha Tiaramoeda sacamos as nosas entradas para as diferentes sesión. Comezamos a sesión co visionado do corto Puidemos desfrutar dalgunha película relacionada cos libros.
Imagen
ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL    Este mércores, 22 de outubro, celebrarase na Biblioteca Municipal , por adiantado, o Día da Biblioteca. Farase co espectáculo "Seres mitolóxicos do reino de Galicia", da man de Sole Felloza e Leandro Lamas, para público adulto e crianzas a partir de 4 anos. Inscricións abertas en:  https://forms.gle/ H2hjCoSTSUNcKun49