ACTIVIDADES MARZO 2026

Remata un mes moi completo na biblioteca de Tiara. Marzo deu comezo co Reto Lector onde se seleccionaron libros de autoría feminina.
Tamén con motivo do 8M tivemos a oportunidade de desfrutar daquelas obras que poñían en valor a igualdade e a figura da muller, axeitandonos a todos os niveis do centro.
O 21 de marzo conmemoramos o DÍA DA POESÍA achegándonos a distintos libros de poesía infantil, que na nova distribución da biblioteca ocupan un lugar destacado. Rematamos o 24 de marzo co DÍA DO TEATRO, cunha excelente selección para dramatizar en distintos formatos.