Entradas

Día do Libro: apadriñamento lector

  O patio do colexio convertiuse hoxe nunha gran biblioteca ao aire libre para celebrar o Día do Libro cun "apadriñamento lector". Os nenos maiores convertíronse en padriños e madriñas dos máis pequenos, aos que lles leron un conto. E, como agradecemento, nós agasallámolos cun bonito marcapáxinas. Na web do cole tedes todas as fotografías. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmatovizoso/galeria/displayimage.php?album=282&pid=5841#top_display_media

Contacontos

Imagen
  A hora de ler de hoxe viña con sorpresa! A magnífica contacontos Sabela Gago fíxonos sacar toda a nosa creatividade para non aburrirnos xamáis. E é que dentro do noso cerebro está todo o que precisamos para crear fantásticas historias.

Contacontos

Imagen
 Seguimos coas actividades na Biblioteca para o fomento da lectura. A actividade de hoxe consistiu nun contacontos no que algúns dos nosos compañeir@s se convirtiron en súper personaxes, e ata quedaron debuxados para o seu recordo.

Os Bolechas e o dano cerebral adquirido

Imagen
  Hoxe aprendimos, da man dos Bolechas e da Federación Galega de Dano Cerebral, como axudar a un compañeiro/a que teña dano cerebral ou calquera outra dificultade, pois todos necesitamos axuda para algunhas cousas.

Semana da prensa

 Continuando co proxecto da Biblioteca, na semana da prensa elaboramos un xornal titulado "Mato News" con noticias dos diferentes países que está a visitar Tiara. Pasade pola Biblioteca para velo!

Día da Muller

Imagen
Conmemoramos o Día da Muller coa asistencia a un contacontos de "Trémola Teatro" titulado "Dúas nenas moi, moi valentes".

Día de Rosalía

Imagen
 Os poemas de Rosalía de Castro son de sobra coñecidos polos nen@s, pero quizá non tanto a súa vida e como debeu influir na súa poesía. Pero a contacontos Raquel Queizás veu hoxe escenificarnos como sería a súa infancia e tamén a súa vida adulta, enlazando todo cos seus poemas, dun xeito moi divertido! A música que acompaña este vídeo é de Iván Vale (Kokiti Música).

Entroido

Imagen
 O Entroido de este ano está adicado ás viaxe que Tiara, a mascota da nosa Biblioteca, está a realizar polo mundo. Na web do cole tedes o resultado destas viaxes.

Visita á Biblioteca Pública

Imagen
Hoxe visitamos a Biblioteca Pública de Vilalba para coñecer todo o que nos ofrece e escoitar un conto.  Tamén tiveron oportunidade de inscribirse os que aínda non eran socios. Miles de aventuras vos esperan!

Proxecto de escritura creativa

Imagen
 

Día das Bibliotecas

Imagen
 Hoxe conmemoramos o Día das Bibliotecas e, que mellor que traer en persoa a unha escritora que nos conte de primeira man algún dos seus contos. A elixida foi Ana Meilán, autora de libros tan coñecidos como "Un universo na túa maleta", "8 patas", "As chaves dos soños", "O meu desexo é...", "Quen ven esta noite?" e moitos outros que seguro tedes na casa, e tamén temos na Biblioteca do noso cole. E como as historias e a música están moi unidas, aquí tedes esta bonita canción de Iván Vale que nos invita a ler, soñar, cantar e bailar.

Tiara viaxa polo mundo

Imagen
 Esta mañá, en todas as clases recibimos unha carta moi especial. Era de Tiara, a mascota da nosa Biblioteca! Nela, invitábanos a axudala a viaxar polo mundo. Así que, cada clase traballará durante todo o curso nun proxecto para axudala a viaxar a cadanseu país. Iremos informándovos das súas aventuras!

Cita a cegas no Día do Libro

Imagen
  Desde hai varios días, non paraban de aparecer misteriosos paquetiños na Biblioteca. Hoxe, por fin, soubemos por que! Era unha sorpresa para celebrar o Día do Libro! Cada un recibiu un paquetiño, e ese será o seu libro-sorpresa para ler esta semana.

Rosalía hoxe en día

Imagen
  Hoxe, Rosalía está máis presente ca nunca no noso colexio para conmemorar o seu día. Faremos un recital e moitas máis actividades. Pero... como sería Rosalía hoxe en día? Así a imaxinan os nenos e nenas. Abride este libro se queredes ver máis fotos.

Os favoritos

   Levamos xa varios meses de andaina desde de que reinauguramos a Biblioteca con moitos libros novos, gran parte deles elixidos polos propios nen@s, que deixaron as súas suxerencias de compra nunha caixa de correo posta na Biblioteca para tal fin. Coleccións como as de Isadora Moon, Diario de Greg, Los compas, Futbolísimos, Mortiña... e moreas de contos enchen os nosos andeis desde este curso.     E agora que xa pasou un tempo, xa sabemos cales foron os libros máis demandados polo alumnado. Se tedes curiosidade, aqui está a lista dos 20 libros máis emprestados no que vai de curso ata hoxe:      1.- Paco Trolas.       2.- Cocorico.      3.- Los dinosaurios.      4.- El diario de Greg. Vieja escuela.       5.- El muñeco de nieve feliz.      6.- Ra de tres ollos.      7.- Daniela Pirata e a bruxa Sofronista.      8.- Paxaro amarelo.     ...

Amor pola lectura

Imagen
No Mato sentimos tanto amor pola lectura que queremos que se note xa desde a porta. Así de bonita a decoraron os nen@s de 6º. Feliz día do amor e a amizade!     

Nadal na Biblio

Imagen
  Que mellor que adicar parte das vacacións de Nadal a ler? Acaban de chegar novas coleccións á Biblioteca do cole. Só tedes que entrar e curiosear polos andeis para descubrilas. E, como non podía faltar unha árbore de Nadal nestas datas, pedimos que nada nen@ fixese a portada do seu libro favorito para decorar a árbore. Que bonita quedou, non vos parece?

Samaín na Biblioteca

Imagen
 Se pasades pola Biblioteca esta semana, ademáis de levarvos algunha sorpresiña na decoración, poderedes ler estas historias tan divertidas sobre bruxas, pantasmas, monstros, vampiras e outros personaxes propios do Samaín. No seguinte vídeo poderás ver algúns dos libros que hai. Cal che apetece ler? Presentación libros Biblioteca de Samaín

Día das Bibliotecas - Reinauguración

Imagen
  Despois de varios meses de reformas, por fin reinauguramos a Biblioteca do noso cole coincidindo coa conmemoración do "Día das Bibliotecas".  Ademáis de distribuir o espazo e os libros de maneira máis cómoda para os nenos, convocouse un concurso para elixir á nova mascota da Biblioteca. A mascota gañadora foi "Tiara", deseñada por Martina García-Leira Currás. Velaquí o seu traballo e a entrega do premio realizada por Esther, nova coordinadora da Biblio. E si o primeiro requisito para disfrutar da Biblioteca é ter moitas ganas de vivir aventuras a través da lectura, o segundo é ter o carné da biblio. Por iso, como agasallo polo "Día das Bibliotecas", entregouse hoxe a todos os nen@s do cole e ao profesorado cadanseu carné. A partir de hoxe, xa podedes coller cantos libros desexedes! Pero isto só acaba de comezar! Estade atentos neste blogue ás novidades literarias e algunha sorpresiña máis que temos preparada para celebrar o Samaín na Biblioteca!

Día de Rosalía

Imagen
 Prometimos que seguiriamos con Rosalía de Castro, porque esta muller da moito de si, e aquí tedes o noso traballo para homenaxeala.