Entradas

Tiara nos Xogos Olímpicos

Imagen
 Xa que este ano o proxecto da Biblioteca xira a redor dos Xogos Olímpicos, este Entroido viaxamos a eles coa nosa mascota Tiara. Acompañádenos!

Día das Bibliotecas

Imagen
 O 24 de outubro comezou movidiño para celebrar o "Día das Bibliotecas". Cada clase viuse mergullada nun "escape room" no que houbo que resolver acertixos e atopar pistas para chegar á sorpresa final!

Proxecto da Biblioteca: Tiara viaxa polo mundo

Imagen
 Despois de todo un curso preparando unha viaxe por 13 países do mundo, collimos os pasaportes e fomos con Tiara descubrir novos lugares. Se queredes acompañarnos, neste vídeo viviredes con nós a nosa viaxe. Este voo dura 1 hora e 18 minutos, así que poñédevos cómod@S! Despegamos!

Visita á Feira do Libro: Don Quixote

Imagen
  Esta fin de semana ten lugar en Vilalba a Feira do Libro, e que mellor maneira de comezala que con unha divertida e inxeniosa representación teatral da novela máis importante da nosa historia? Caramuxo Teatro foi o encargado de achegarnos as aventuras de Don Quijote de la Mancha e o seu fiel escudeiro Sancho Panza.

Letras Galegas

Imagen
  Feliz Día das Letras Galegas!  Esta semana adicámola a coñecer a Francisco Fernández del Riego, homenaxeado deste ano. Buscamos información en libros da Biblioteca, no xornal, en Internet, fixemos un mural sobre él no que colaboraron varios cursos e unha ficha para recordar quen foi e que fixo. O xoves, continuaremos cunha foliada e despois a nosa clase bailará unha muñeira que levamos días preparando. O venres remataremos coa xa tradicional Carreira das Letras Galegas, na que nos xuntaremos todos os coles de Vilalba.

Día do Libro: apadriñamento lector

  O patio do colexio convertiuse hoxe nunha gran biblioteca ao aire libre para celebrar o Día do Libro cun "apadriñamento lector". Os nenos maiores convertíronse en padriños e madriñas dos máis pequenos, aos que lles leron un conto. E, como agradecemento, nós agasallámolos cun bonito marcapáxinas. Na web do cole tedes todas as fotografías. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmatovizoso/galeria/displayimage.php?album=282&pid=5841#top_display_media

Contacontos

Imagen
  A hora de ler de hoxe viña con sorpresa! A magnífica contacontos Sabela Gago fíxonos sacar toda a nosa creatividade para non aburrirnos xamáis. E é que dentro do noso cerebro está todo o que precisamos para crear fantásticas historias.

Contacontos

Imagen
 Seguimos coas actividades na Biblioteca para o fomento da lectura. A actividade de hoxe consistiu nun contacontos no que algúns dos nosos compañeir@s se convirtiron en súper personaxes, e ata quedaron debuxados para o seu recordo.

Os Bolechas e o dano cerebral adquirido

Imagen
  Hoxe aprendimos, da man dos Bolechas e da Federación Galega de Dano Cerebral, como axudar a un compañeiro/a que teña dano cerebral ou calquera outra dificultade, pois todos necesitamos axuda para algunhas cousas.

Semana da prensa

 Continuando co proxecto da Biblioteca, na semana da prensa elaboramos un xornal titulado "Mato News" con noticias dos diferentes países que está a visitar Tiara. Pasade pola Biblioteca para velo!

Día da Muller

Imagen
Conmemoramos o Día da Muller coa asistencia a un contacontos de "Trémola Teatro" titulado "Dúas nenas moi, moi valentes".

Día de Rosalía

Imagen
 Os poemas de Rosalía de Castro son de sobra coñecidos polos nen@s, pero quizá non tanto a súa vida e como debeu influir na súa poesía. Pero a contacontos Raquel Queizás veu hoxe escenificarnos como sería a súa infancia e tamén a súa vida adulta, enlazando todo cos seus poemas, dun xeito moi divertido! A música que acompaña este vídeo é de Iván Vale (Kokiti Música).

Entroido

Imagen
 O Entroido de este ano está adicado ás viaxe que Tiara, a mascota da nosa Biblioteca, está a realizar polo mundo. Na web do cole tedes o resultado destas viaxes.

Visita á Biblioteca Pública

Imagen
Hoxe visitamos a Biblioteca Pública de Vilalba para coñecer todo o que nos ofrece e escoitar un conto.  Tamén tiveron oportunidade de inscribirse os que aínda non eran socios. Miles de aventuras vos esperan!

Proxecto de escritura creativa

Imagen
 

Día das Bibliotecas

Imagen
 Hoxe conmemoramos o Día das Bibliotecas e, que mellor que traer en persoa a unha escritora que nos conte de primeira man algún dos seus contos. A elixida foi Ana Meilán, autora de libros tan coñecidos como "Un universo na túa maleta", "8 patas", "As chaves dos soños", "O meu desexo é...", "Quen ven esta noite?" e moitos outros que seguro tedes na casa, e tamén temos na Biblioteca do noso cole. E como as historias e a música están moi unidas, aquí tedes esta bonita canción de Iván Vale que nos invita a ler, soñar, cantar e bailar.

Tiara viaxa polo mundo

Imagen
 Esta mañá, en todas as clases recibimos unha carta moi especial. Era de Tiara, a mascota da nosa Biblioteca! Nela, invitábanos a axudala a viaxar polo mundo. Así que, cada clase traballará durante todo o curso nun proxecto para axudala a viaxar a cadanseu país. Iremos informándovos das súas aventuras!

Cita a cegas no Día do Libro

Imagen
  Desde hai varios días, non paraban de aparecer misteriosos paquetiños na Biblioteca. Hoxe, por fin, soubemos por que! Era unha sorpresa para celebrar o Día do Libro! Cada un recibiu un paquetiño, e ese será o seu libro-sorpresa para ler esta semana.

Rosalía hoxe en día

Imagen
  Hoxe, Rosalía está máis presente ca nunca no noso colexio para conmemorar o seu día. Faremos un recital e moitas máis actividades. Pero... como sería Rosalía hoxe en día? Así a imaxinan os nenos e nenas. Abride este libro se queredes ver máis fotos.

Os favoritos

   Levamos xa varios meses de andaina desde de que reinauguramos a Biblioteca con moitos libros novos, gran parte deles elixidos polos propios nen@s, que deixaron as súas suxerencias de compra nunha caixa de correo posta na Biblioteca para tal fin. Coleccións como as de Isadora Moon, Diario de Greg, Los compas, Futbolísimos, Mortiña... e moreas de contos enchen os nosos andeis desde este curso.     E agora que xa pasou un tempo, xa sabemos cales foron os libros máis demandados polo alumnado. Se tedes curiosidade, aqui está a lista dos 20 libros máis emprestados no que vai de curso ata hoxe:      1.- Paco Trolas.       2.- Cocorico.      3.- Los dinosaurios.      4.- El diario de Greg. Vieja escuela.       5.- El muñeco de nieve feliz.      6.- Ra de tres ollos.      7.- Daniela Pirata e a bruxa Sofronista.      8.- Paxaro amarelo.      9.- El gran oso polar.     10.- Monsturo azul.     11.- La diversión de Martina. Misterio en el internado.     12.- Isadora Moon va de excursión.     13